Este obradoiro explica, nun nivel básico, todos os conceptos precisos para xestionar o Campus da Rede de Espazos aloxado en NewZenler. Nel, farase un repaso pola interface de NewZenler e explicaranse cada un dos apartados precisos para conseguir unha xestión eficaz dos contidos. A formación será teórica autodidacta a través do Campus da Rede de Espazos.
Este obradoiro está dirixido ao persoal técnico/xestor dos Espazos da Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña, así como ao persoal de asistencia técnica dos mesmos que precisen unha formación básica no Campus da Rede Provincial de Espazos.
Os obxectivos xerais deste curso son:
- A creación dunha base de coñecemento que alimentar entre todos os espazos da rede.
- Facilitar a creación de eventos híbridos e en liña na Rede de Espazos.
- Facilitar a difusión de eventos híbridos e en liña na Rede de Espazos.
Os obxectivos específicos deste curso son:
- Conseguir un coñecemento básico de NewZenler.
- Crear clases e webinars en directo.
- Xestionar inscricións a webinars e clases en directo.
- Crear cursos online (coma este que estás vendo).
- Deseño de páxinas de curso.
© 2025 Campus Rede Coworking
Este sitio web usa cookies. Usar este sitio web significa que estás de acordo con isto, pero podes obter máis información sobre a nosa política de cookies
e como xestionar aquí as túas opcións de cookies.
Want to stay up-to-date on industry trends?