Aprende a tramitar as túas subvencións con éxito: caso práctico EMEGA 2026

con Juan Diego Pereiro, David López y Ana Belén Muñiz

Contido do curso

Unha sesión pensada para mulleres emprendedoras e persoas interesadas en solicitar subvencións, onde se explicará de forma práctica como preparar e presentar unha axuda pública, tomando como exemplo a convocatoria EMEGA 2026. 

Que veremos? 

David: Explicará como presentar unha subvención paso a paso, os aspectos clave da tramitación e os erros máis habituais que convén evitar.  
Ana: Aportará a visión dunha xestoría profesional: cando compensa presentar unha axuda, que documentación adoita requirirse e como valorar se realmente “cunde” ou non solicitala.  
Juan Diego: Presentará unha Gema creada especificamente para a formación, coa que as asistentes poderán resolver dúbidas, consultar requisitos e obter axuda personalizada para preparar a súa solicitude.

Temario completo do curso 

CAMPUS DA REDE