Impulsa o teu proxecto en Europa: o que Erasmus+ pode facer por ti
con Gabriela Dumont y Jagoda Lodzinska
Contido do curso
Sesión informativa en liña sobre Erasmus+ e as oportunidades que a Unión Europea pon á disposición de persoas emprendedoras, profesionais e entidades. Ofrecerase unha visión xeral do programa e do seu alcance, máis alá da mobilidade educativa coa que habitualmente se asocia, para descubrir as distintas vías de participación, aprendizaxe, cooperación internacional e financiamento que ofrece. Como caso práctico traballarase o programa Erasmus para Novos Emprendedores (Erasmus for Young Entrepreneurs), que servirá de exemplo concreto para entender como aproveitar este tipo de iniciativas europeas nun proxecto real.
Este sitio web usa cookies. Usar este sitio web significa que estás de acordo con isto, pero podes obter máis información sobre a nosa política de cookies e como xestionar aquí as túas opcións de cookies.