Campus da Rede de Espazos: Xestiona os teus eventos 2026

Con Paula Vázquez

Contido do curso

Este obradoiro explica, nun nivel básico, todos os conceptos precisos para xestionar o Campus da Rede de Espazos aloxado en Zenler. Nel, farase un repaso pola interface de Zenler e explicaranse cada un dos apartados precisos para conseguir unha xestión eficaz dos contidos. A formación será teórica autodidacta con titorías en liña, a través do Campus da Rede de Espazos.

Perfil do alumnado

Este obradoiro está dirixido ao persoal técnico/xestor dos Espazos da Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña, así como ao persoal de asistencia técnica dos mesmos que precisen unha formación básica no Campus da Rede Provincial de Espazos.

Obxectivos do curso

Os obxectivos xerais deste curso son:
 
- A creación dunha base de coñecemento que alimentar entre todos os espazos da rede.
- Facilitar a creación de eventos híbridos e en liña na Rede de Espazos.
- Facilitar a difusión de eventos híbridos e en liña na Rede de Espazos.
 
Os obxectivos específicos deste curso son:
 
- Conseguir un coñecemento básico de Zenler.
- Crear clases e webinars en directo.
- Xestionar inscricións a webinars e clases en directo.
- Crear cursos online (coma este que estás vendo).
- Deseño de páxinas de curso. 

Temario completo do curso 

CAMPUS DA REDE

Paula Vázquez