Presentación das axudas PEL 2026

Presentación das axudas PEL 2026

con Sofía Sanesteban e José Carlos Díaz

Contido do curso

O equipo técnico do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña presentará as liñas de axuda PEL 2026, explicando as principais novidades e cambios desta convocatoria.  A sesión estará conducida por José Carlos Díaz e Sofía Sanesteban, técnicos/as de xestión de proxectos do Plan de Emprego Local.  Durante a charla abordaranse en detalle as diferentes modalidades:
- PEL-Emprende Investimento  
- PEL-Autónomos/as  
- PEL-Pemes Creación e Ampliación do cadro de persoal  
- PEL-Pemes Mantemento do cadro de persoal  

Tamén se realizará unha simulación práctica dunha solicitude a través da plataforma SUBTeL, para que as persoas interesadas poidan coñecer de primeira man o proceso de tramitación.  

🔗 As bases completas das axudas PEL 2026 xa están dispoñibles no BOP do 11 de novembro de 2025 e poden consultarse aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/ca...

Temario completo do curso 

CAMPUS DA REDE